O Concello de Lugo, entregou no Vello Cárcere os premios do XXV certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo. “Temos como obxectivo para este certame apoiar a creación literaria das mozas e mozos de Lugo, e a súa inclusión na vida cultural”, indicou o edil responsable de Educación e Difusión do Coñecemento.
O Certame estivo dividido en dúas categorías, de 12 a 14 e de 15 a 18 anos, que contaron con tres premios cada unha. Cada un dos gañadores recibiu un diploma e un lote de libros, e a maiores repartíronse premios de distintos valores segundo as categorías.
Na categoría de 12 a 14 anos, a gañadora, que recibe un premio valorado en 200€, foi Rosalía Bernárdez, do IES Leiras Pulpeiro, seguida de Samuel Viño, do Colexio Divino Maestro, con 100€ de premio e de Mencía Álvarez, do IES Lucus Augusti, que recibirá un premio de 70€. Na categoría de 15 a 18 anos, María Pombo, do IES Xograr Afonso Gómez, recibe o maior premio, valorado en 250€, seguida de Paula Pardo, do IES Ánxel Fole, con 130€.