A asociación cultural Ateneo Galeguista de Lugo organiza para mañá, 5 de Febreiro, ás 19.00 horas, no salón de actos da Biblioteca Nodal da cidade, a conferencia Alexandre Bóveda: unha achega á construción económica e cultural do galeguismo.
No acto participarán dona Amalia Bóveda Álvarez, filla de Alexandre Bóveda e presidenta da Fundación Alexandre
Bóveda e don Valentín García Bóveda, neto e vicepresidente da citada Fundación.