Cs insta ao Goberno local a convocar con urxencia a Xunta Local de seguridade Cidadá

A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno municipal a convocar con urxencia a Xunta local de seguridade cidadá. “Ante os últimos acontecementos, solicitamos ao Goberno local que convoque esta xunta coa máxima brevidade. É necesario traballar a reo desde esta Administración para supervisar e mellorar, na medida do posible, os protocolos de seguridade e a coordinación entre as distintas forzas de seguridade que actúan no noso municipio”, asegurou a concelleira da formación laranxa.

Louzao considera que a convocatoria “está máis que xustificada” debido ao sensible incremento de atracos e episodios violentos que se experimenta na cidade ao longo das últimas semanas. “Temos constancia polos medios de comunicación e por outras fontes de que existe actividade delituosa organizada que ten determinadas zonas da nosa cidade como obxectivo. O roubo con forza dunha banda de oito encarrapuchados a unha empresa situada no polígono do Ceao a semana pasada debería ser tomado como un síntoma preocupante, sumado a outros roubos, tamén inquietantes. Desde Cs Lugo consideramos que é necesario aumentar a seguridade en determinadas zonas, pero debe ser a Xunta local de seguridade, a través dos responsables policiais quen o determine, por iso é necesario convocar xa este órgano. Instamos á alcaldesa, Lara Méndez, a que o faga sen máis demora”, apuntou Louzao.

“Ao longo das últimas horas, propietarios de empresas, traballadores e residentes en urbanizacións estannos facendo chegar a súa preocupación polas informacións das que se fan eco os medios locais. Entendemos este medo xa que desde o punto de vista de seguridade tanto os polígonos industriais como as urbanizacións das zona periurbana e rural son puntos vulnerables. Por iso, consideramos que a Xunta local de seguridade é o espazo idóneo onde se debe tratar este asunto. Comprendemos e compartimos a preocupación dos nosos veciños. O Goberno local debe facer todo o que este na súa man para transmitir protección e tranquilidade. A Xunta local de seguridade e un órgano de coordinación pero tamén informativo. É necesario informar a cidadanía”, concluíu a edila de Cs Lugo

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Feb 04, 2020 - 10:44 PM

    Haber se fan algo?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com