Política Social axudará na construción dun centro de día no Concello de Outeiro de Rei

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou hoxe, xunto ao alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, que a Xunta de Galicia achegará 150.000€ para a construción dun centro de día.

Na visita que realizou a este municipio lucense, Fabiola García avanzou que o convenio entre o concello e o Goberno galego se asinará nas vindeiras semanas e que fará posible dar o primeiro paso para a posta en marcha deste recurso para os maiores de Outeiro de Rei. A construción e xestión posterior do centro será municipal.

O Concello de Outeiro de Rei ten prevista a adquisición da antiga casa do cura e doutra edificación anexa, grazas á colaboración da Consellería de Medio Ambiente a través doutro convenio asinado entre ambas institucións o pasado mes de decembro. En virtude deste acordo, o municipio lucense terá acceso a unha achega de 80.000 euros –que poderá devolver en oito anualidades- a través do Fondo de Cooperación posto en marcha polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para apoiar a concellos de menos de 50.000 habitantes en actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído.

O obxectivo municipal é acondicionar ambos inmobles para destinalos a un centro de día que se prevé que poida acadar as 60 prazas. O proxecto completo ascende a arredor dos 600.000€. A maiores o concello asume a compra do terreo e o futuro equipamento do centro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com