O Goberno local mellora o pavimento de varias rúas da cidade

O Tenente de Alcalde e responsable da área de Mobilidade e Infraestruturas deu conta das reparacións que durante os últimos días se estiveron levando a cabo no municipio. “Nesta semana realizáronse traballos nas rúas San Lázaro, Río Eo, Alexandre Bóveda e Luís Seoane”, indicou o edil nacionalista. A reparación do pavimento que se iniciou, nesta semana, na zona da Fonte dos Ranchos, rúa Quiroga e avenida Breogán, continuará por outros barrios da cidade

“En poucos días continuarán as actuacións do suplemento de crédito de 2019, para as cales hai orzamentados 500.000 euros, aos que hai que sumar outros 500.000 dos orzamentos”, indicou o Tenente de Alcalde, que engadiu “dende a área de Mobilidade e Infraestruturas traballamos para realizar as intervencións no menor prazo posíble“. O nacionalista tamén puntualizou que “temos que ter en conta a climatoloxía, debido ás características dos materiais utilizados, resulta imposible asfaltar con temperaturas por debaixo de 8ºC ou con choiva”.

“A Brigada de Obras do concello continúa a facer pequenos traballos que producen unha gran mellora na veciñanza das zonas nas que actúa”, afirmou o edil antes de engadir que “xuntando todas estas actuacións co repintado da sinalización horizontal, a cidade de Lugo experimentará durante o 2020 un importante cambio en positivo do seu espazo público”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com