Lugonovo podería ter a chave do novo goberno municipal

Se se confirman os datos da enquisa de Sondaxe que onte publiccou La Voz de Galicia, segundo a cal se produciría un empate entre PSOE e PP a once concelleiros, cos outros  tres escanos a repartir entre Lugonovo, Bloque e Cidadáns, é posible que Lugonovo poida inclinar a balanza a favor de  socialistas ou populares, é dicir que teña a chave do novo goberno municipal.

Isto ocorrería se, como xa ten reiterado infinidade de veces, o Bloque Nacionalista Galego en ningún caso apoiará ao PP. É máis, as declaracións dos dirixentes da formación nacionalista van cara o lado contrario, dicindo que propiciarán pactos para desaloxar do poder ao Partido Popular  polas políticas antisociais que está a levar a cabo o goberno presidido por Mariano Rajoy.

Pola outra banda, a lóxica lévanos a pensar que  Cidadáns optará por dar preferencia a cogobernar cun partido co que teña máis afinidade ideolóxica e ese sen dúbida é o PP.

Así que, se isto rematara cos resultados da enquisa, Santiago Fernández Rocha estaría en condición de erixirse en árbitro, para designar ao novo rexedor municipal.

Hoxe, os principais candidatos á alcaldía de Lugo, valoraban os resultados da enquisa.

Escoitámolos:

Jaime Castiñeira. Partido Popular Lugo.

José López Orozco. Alcalde actual de Lugo e candidato do PSOE Lugo.

Rubén Arroxo. Candidato do BNG-Asambleas Abertas en Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com