A asociación Si, hai saída condena os dous crimes machistas cometidos en tan so 24 horas

Desde a Asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero queremos amosar a nosa profunda dor ante os dous crimes machistas cometidos en tan so 24 horas en el barrio de El Zaidín, en Granada, e en Lugo, a nosa propia cidade.

Pouco ou nada se pode dicir ante este terrible azoute da violencia de xénero, que prácticamente cada semana se cobra a vida dalgunha muller.

Por outra banda, queremos amosar o noso total e rotundo rexeitamento ante o tratamento que nalgúns medios de comunicación se lle está a dar a estes terribles crimes, como é o caso do acontecido en Lugo.

Informar non é sinónimo de faltar a máis elemental ética profesional nin moito menos de vulnerar a dignidade e a intimidade das vítimas da violencia de xénero, como está a acontecer no caso do crime de Lugo.

Expresións como “non traballaba”, “vivía dunha axuda”, “tiña problemas co alcohol”, etc, etc, etc, cando se está a facer público o asasinato dunha muller, non teñen xustificación algunha e vulneran o mais elemental dereito a dignidade que merece a vítima, ademais de rachar coa discreción que conleva tratar aspectos que pertencen única e exclusivamente a súa intimidade e que nada aportan a noticia do seu asasinato.

Non podemos, por outra banda, esquecer as persoas achegadas a vítima, que, ademais de chorar a súa perda teñen que facer fronte a un tratamento, por parte dalgúns medios, de tan dura desgraza que é, como mínimo, cuestionable.

E aquí apelamos aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, e ao seu fundamental papel neste eido, xa que entendemos que, cando fan chegar a información que atinxe a un crime machista a determinados medios, deberían coidar e facer un seguimento do xeito no que esta información é difundida.

Non todo vale e tratar un crime machista recurrindo ao sensacionalismo e caendo na crónica amarela é, ademais dun insulto ás vítimas, aos seus achegados, un paso atrás na loita contra a violencia de xénero, a que certos medios lle están a dar unha connotación claramente efectista.

Unha vez mais nos vemos na necesidade de lembrar que estamos a falar de vidas.

Asociación Si, hai saída.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com