A Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, participou este mércores no CEIP Paradai de Lugo nunha xornada científica co gallo da conmemoración do Día da Muller e da Nena na Ciencia.
Este pioneiro proxecto, posto en marcha polo grupo de innovación docente de Xuvenciencia do Campus Terra, reuniu a unha vintena de investigadoras, profesoras e doutorandas, entre outras, co fin de desmontar prexuízos de xénero arredor dos oficios científicos a través dun total de 17 obradoiros nos que participaron nenos e nenas de Educación Primaria deste centro educativo.