O Concello traballa na solución das deficiencias atopadas nos diversos museos municipais

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo visitou hoxe as instalacións da rede de salas museísticas municipais “para avanzar na solución das deficiencias existentes nestas instalacións”. Segundo explicou, “non se trata únicamente de realizar inversións económicas, trátase máis ben de coordinar os diferentes servizos municipais e de actualizar o mantemento”.

“Dende a área de Cultura estamos a traballar para que as salas dependentes do Concello funcionen da mellor maneira posible”, indicou a concelleira nacionalista, que avanzou que, ao solucionar as incidencias detectadas, o Goberno poñerá en marcha un plan de mantemento “para evitar ao máximo novas incidencias que condicionen a experiencia de cada instalación, traballando nun segundo nivel, na renovación das instalacións, evitando así que queden obsoletas”.

Segundo explicou a edil, na maioría dos casos, as problemáticas teñen fácil solución, “trátase de substituír lámpadas fundidas, revisas pantallas que non funcionan, colocar deshumidificadores para evitar humidades nos edificios e renovar”. Asemade, dende a concellería están a traballar na dinamización das actividades e das instalacións culturais municipais para convertelas en referentes e reclamos turísticos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com