Integrantes da CIG Saúde e da asociación cidadá contra a letra pequena Con Lupa botaron a andar, xunto con outros colectivos e persoas a título individual, unha nova plataforma coa que buscan dar apoio a usuarios e usuarias do Servizo Galego de Saúde nos procesos de reclamación contra as listas de espera.
A plataforma, que está aberta á participación de tódolos colectivos e persoas que se queiran sumar ás reivindicacións, desenvolverá a súa actividade, incialmente, colocando unha mesa informativa durante as mañás dos mércores na entrada do HULA. Dende a plataforma, búscase axudar ás usuarias e usuarios da sanidade pública á hora de realizar reclamacións e suxestións, combatendo a falta de información que a administración lles ofrece.
Dende a plataforma púxose á disposición das persoas interesadas en obter máis información o enderezo electrónico plataformalistaslugo@gmail.com.