O delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, mantivo hoxe un encontro con membros da directiva da Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo, AJE Lugo para presentarlles a proposta que lidera o Goberno galego para o impulso do turismo cultural na cidade de Lugo.
Balseiro destacou que esa reestruturación cultural e museística que defende a Xunta de Galicia para a cidade de Lugo pode ser unha medida eficaz para paliar e corrixir a situación actual na que hai museos e centros culturais infrautilizados e incapaces de achegar un número relevante de turistas e visitantes. Ao mesmo tempo axudaría a revitalizar a actividade comercial na cidade e, en particular, no casco histórico, que sufre o peche de locais “non nos podemos conformar cunha cidade na que pechan máis comercias e que afecta, xa non só ao presente, senón que hipoteca o futuro dos novos emprendedores”.
Feb 12, 2020 - 09:21 PM
ah ¿no? entón ¿qué pensa facer?