O Partido Popular reclama que o goberno local saque a licitación a cafetería do vello cárcere “que leva tres anos amoblada e pechada tras tres intentos fallidos do goberno local de sacar a concurso este espazo”.
Dende o Grupo Popular afirman que os problemas da adxudicación desta cafetería son froito dunha mala planificación xa que “carece dunha entrada independente”. O popular explicaba que o ascensor que dá acceso á cafetería está dentro do edificio polo que, ou ben obriga a pechar este servizo ás dez, que é a hora a que cerra o Vello Cárcere, ou ben, “require a contratación de seguridade privada na entrada, fóra do horario de apertura ao público do centro cultural algo imposible para o hostaleiro”.
O vicevoceiro insistiu en que “hai decenas de hosteleiros desexando puxar pola gestión e que senon o fan é porque as tres convocatorias que se fixeron estaban fóra das necesidades do mercado”. Por este motivo, os populares reclaman unha nova licitación da cafetería do Vello Cárcere “cunhas condicións realistas e adaptadas ao sector hostaleiro de forma que o servizo preste unha atención cun horario axeitado que permita que o hostelerio o xestione”.
Ameijide lamentou a falta de capacidade de reacción dos socialitas e nacionalistas xa que “non é de recibo que este magnífico mirador da praza da Constitución e da Muralla esté pechado” manifestando que “non hai unha vontade política do goberno para axilizar este proceso perdendo, deste xeito, a oportunidade de brindar aos lucenses esta magnífica cafetería con vistas”.
Feb 14, 2020 - 02:49 PM
Non ten presa. Xa está paga, cos cartos de todos