A XLII Semana de Cine de Lugo, xa ten cartel anunciador. Trátase dunha creación fotográfica de Eduardo Rodríguez Ochoa, responsable de fotografía do Grupo Cinematográfico Fonmiñá.
A Semana, que organiza Fonmiñá desde o seu comezo en 1979, vaise celebrar do 21 ao 27 do próximo mes de setembro, conta co apoio da Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Compostela-Campus de Lugo.
Contar xa co cartel anunciador desta celebración, permitirá adiantar a publicidade da Semana en toda Galicia, e de xeito especial na capital e provincia de Lugo, agardándose poida comezarse a súa distribución no decurso do próximo mes de marzo.