Os servizos de Xestión Territorial da Deputación de Lugo, que dependen directamente do Presidente, José Tomé, reconstruirán a ponte sobre o río Miño que se encontra na estrada provincial LU-P-1104, en Castro de Rei, cun investimento de 50.000€. Uns traballos que comezaron este luns e que obrigan a cortar esta ponte ao tránsito de vehículos durante o tempo que duren as obras.
A Deputación terá debidamente sinalizados desvíos alternativos en diferentes lugares, facilitando a circulación pola estrada LU-113, nos puntos quilométricos 9,1 e 16,5; tamén na LU-113, no quilómetro; pola LU-P-1611 e ademais pola LU-120.