Triacastela organiza ‘Camiños de Identidade’ para o sábado 29 de febreiro

de IdentPola mañá, a partir das 11:00 horas, o Goberno local convida aos veciños e veciñas a participar nunha ruta de sendeirismo guiada de San Mamede a Ramil que leva por nome Os castiñeiros do val do Oribio. A saída farase da Praza do Concello. A ruta estenderase das 11:00 ás 13:30 horas. Ao remate celebrarase unha comida para quen queira asistir nun restaurante de Triacastela para o que haberá que reservar praza.

Xa pola tarde ás 17:00 horas farase a presentación de Triacastela, Camiños de Identidade e proxectarase un vídeo promocional do Concello. A presentación leva por título O castiñeiro e a súa relación cos produtos agrarios en clave turística. O acto desenvolverase no local social da Fonte do Lunar. Para participar na xornada pode reservarse praza ata o 27 de febreiro no número 655 645 804 de 09:30 a 14:00 horas. A actividade é de balde (salvo o xantar) con inscrición previa ata completar o aforo. Haberá servizo de autobús desde Sarria e Samos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com