Ánder Cantero é o Xogador Estrella Galicia de xaneiro. O porteiro albivermello recolleu este mediodía o premio no céntrico Mesón A Rúa de Lugo, situado na Rúa Nova. O local á súa vez foi galardoado co premio Estrella Galicia como cervexaría do mes de xaneiro en Lugo.
O porteiro consegue este galardón tras varios meses desta tempada sendo un dos nomeados. Esta vez si, o máis máis votado polos afeccionados do CD Lugo a través das redes sociais do club. Cantero impúxose na votación a Gerard Valentín e a Cristian Herrera nunha disputa moi igualada.
Pepe, propietario do Mesón A Rúa, foi o encargado de facer entrega do premio ao gardameta. Posteriormente foi o
futbolista o que obsequiou cunha camiseta asinada polo equipo a Pepe, que recibiu o premio Estrella Galicia como Cervexaría do mes de Xaneiro.
Para o próximo partido contra o Real Oviedo, Cantero destacou que a vitoria pasa “por manter a nosa portería a cero e seguir na mesma liña de traballo”. Con respecto ao premio recibido, enorgullecelle que “se valore o traballo e iso fainos levantarnos cada mañá e seguir adestrando para seguir achegando o máximo de nós ao equipo”.