A plataforma contra as listas de espera do SERGAS volveu colocar, durante esta mañá, unha mesa de información á entrada do HULA. Os integrantes buscan axudar aos usuarios da sanidade pública a realizar reclamacións e suxestións, combatendo a falta de información que a administración lles ofrece.
Dende a plataforma indican a boa aceptación que está a ter a iniciativa, onde varias ducias persoas se achegaron nestas dúas semanas a solicitar información e asesoramento. Integrantes da plataforma indican que unha das maiores preocupacións dos usuarios é a espera á hora de conseguir cita para as consultas externas e probas.
A plataforma está formada por integrantes da CIG Saúde e da asociación cidadá contra a letra pequena Con Lupa xunto con outros colectivos e persoas a título individual. Dende a plataforma púxose á disposición das persoas interesadas en obter máis información o enderezo electrónico plataformalistaslugo@gmail.com.
Feb 19, 2020 - 08:39 PM
Mañan verei si os de El Progreso dan conta desta noticia.