A Voceira socialista de Becerreá, Ana Rubinos reafirmou hoxe o compromiso do Grupo Socialista cos traballadores do GES da vila. Así o dixo tras coñecer o incidente pasado en Baralla, onde un traballador forestal non puido ser rescatado polo GES porque estaban limpando unha finca por orde do Alcalde.
Rubinos demandou “unha mellor planificación ao Alcalde deste servizo, así como un cumprimento estrito das obrigas estipuladas no Convenio de aplicación neste sector”. E proseguiu coas súas criticas “o desenvolvemento de labores
preventivas non pode ser unha escusa para poñer en risco a vida das persoas”.
Nesa liña dixo “non é admisible que se puxera en risco a vida dunha persoa deste xeito. O Alcalde ten a obriga de saber cales son as prioridades, e semella que entre salvar unha vida ou facer tarefas de mantemento municipal, é evidente cal é a elección”, dixo Rubinos.