O grupo municipal de Cs Lugo congratúlase de que o Goberno local acepte a proposta presentada pola formación no pleno celebrado en marzo do pasado ano na que se propoñía que os policías locais cumpran unha xornada laboral equiparable ás 37,5 horas semanais. “Alegrámonos de que a alcaldesa recoñeza finalmente que a nosa solución para a policía local era a máis racional, a máis xusta e a que garante un mellor servizo para a cidadanía. Tras anos de negacionismo, con esta decisión a alcaldesa finalmente pasou polo aro e recoñeceu que existía un problema coa Policia local e asume os seus erros de xestión en relación a este conflito e a falta de liderazgo respecto de este corpo”, sinalou a voceira municipal Olga Louzao.
“O incremento da xornada laboral da Policía das 26,5 horas actuais ás 37,5 fixadas por lei supoñería dispoñer dun 40% máis de horas de servizo dos axentes, paliando deste xeito a redución de efectivos que se produciu nos últimos anos como consecuencia de xubilacións e da non convocatoria de novas prazas”, sostén Louzao. Así mesmo, a concelleira considera que toda compensación debe pasar pola aplicación de un coeficiente corrector.
“A lei marca que os policías locais, igual que o resto de funcionarios, deben traballar 37 horas e media á semana e non entendemos como o goberno socialista de Méndez permitiu ata agora, logo de case 5 anos de mandato, que en Lugo os policías locais traballen só 26 horas e media, algo que desde Ciudadanos consideramos ilegal, inxusto e pouco eficiente”, afirmou.
Feb 21, 2020 - 07:52 PM
Menos mal. Haber si sae adiante