A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participa estes días no I Foro Atlántico Medio de Cascos Históricos e Zonas Comerciais Abertas que tivo lugar nas Palmas de Gran Canaria e no que se deron cita representantes municipais, autonómicos, estatais e colectivos de comerciantes de toda España para elaborar unha radiografía sobre os problemas que atravesa o comercio local e os retos que debe afrontar.
Un encontro no que a rexedora aproveitou para dar a coñecer o traballo desenvolvido polo seu goberno en materia de promoción do comercio local e de proximidade – ao que xa se identifica coa marca propia Lugo É Capital – e no que tamén puxo de manifesto os logros acadados a través do CEI – Nodus en materia de fomento do emprendemento e consolidación de emprego.
Nesta cita, de carácter estatal, a alcaldesa mantivo contactos cos directores xerais de Comercio de Canarias e Aragón, así como co alcalde de Gran Canaria e representantes do Cabido Canario e dos comerciantes da Confederación Española de Cascos Históricos e do goberno de Canarias, estes dous últimos organizadores da xornada xunto ao colectivo de Zonas Comerciais Abertas e aos comerciantes de Triana.
Ao evento, tamén acudiu a subdirectora xeral do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, María Ángeles Rodríguez, á que Lara Méndez lle avanzou un proxecto piloto que estuda o Concello para o pequeno comercio lucense, unha iniciativa que foi moi ben recibida.
O relevo xeracional, o reto da modernización e dixitalización do comercio, a colaboración público – privada ou as características especiais do comercio nas zonas históricas e o protagonismo destas na promoción turística foron algúns dos asuntos abordados no marco das inquedanzas comúns para todas as cidades ao igual que outros aspectos como as axudas ao comercio minorista e a economía circular como eixo innovador no turismo responsable e sostible orientado á consecución dos obxectivos impostos pola axenda 2030.
Unha temática na que Lara Méndez abondou sobre o modelo de cidade verde e resiliente na que se está a converter Lugo e coa que está acadando unha gran proxección a nivel nacional como exemplo de municipio sustentable.
Xa na mañá de hoxe, tivo lugar unha mesa redonda sobre propostas de futuro para os Centros Históricos onde a alcaldesa destacou a importancia que estas zonas comerciais abertas teñen na promoción turística das localidades e trasladou o obxectivo marcado polo seu goberno de acadar que o Casco Vello acade a declaración de Patrimonio da Humanidade para o que, lembrou, se contempla un convenio de colaboración co Centro de Estudos da Cidade da Universidade de Santiago de Compostela ao obxecto de que prepare a devandita candidatura. “Un proxecto encamiñado a crear valor e riqueza a partir do noso patrimonio histórico, que debe ter tamén outro dos seus apoios na futura creación do Museo da Romanización no cuartel de San Fernando e que dotará a Lugo dunha identidade capaz de situar ao noso municipio como referente turístico indiscutible de todo o noroeste peninsular”, engadiu Lara Méndez.
Agora, a rexedora e os organizadores estudan que o II Foro Atlántico Medio de Cascos Históricos e Zonas Comerciais Abertas se celebre o vindeiro ano en Lugo, con motivo do Ano Santo Xacobeo.
Feb 23, 2020 - 11:21 AM
Pois haber si aprendeu algo? E o pon en practica urxente. Por que en Lugo centro cada día pechan máis negocios, de seguir así en pouco tempo parecerá unha cidade fantasma.
Feb 23, 2020 - 10:50 AM
¿Habló del trabajo de su gobierno para promocionar el comercio local y de proximidad?
Supongo que dentro del ciclo “Cosas que no debéis hacer vosotros”. :-/