O conselleiro do Medio Rural, José González, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiron hoxe á Festa do Caldo de Ósos do concello lucense de Taboada, que chega xa á súa edición número 29. Neste evento degustaron persoalmente o caldo de ósos e visitaron os postos de exposición e venda de produtos do campo e de derivados como os chourizos, o lacón ou o xamón.
Na feira da localidade luguesa o conselleiro aproveitou tamén para destacar a relevancia dos produtos derivados do porco á hora de congregar a centos de persoas nas diversas citas gastronómicas que se organizan na comunidade.