A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou hoxe as escolas infantís de iniciativa social Bugs Bunny e Pumuky situadas no Concello de Sarria. Alí lembrou que, tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), continúa aberto o prazo para que estes centros soliciten axudas para implantar a gratuidade das prazas para segundos fillos e sucesivos.
As escolas de iniciativa social terán de prazo ata o vindeiro sete de marzo para adherirse a esta iniciativa que entrará en vigor o 1 de abril.