Un motorista perdeu a vida este mediodía ao saírse da vía o vehículo no que circulaba en Viveiro. O accidente ocorreu no lugar de Portochao, ao fío das 12:45 horas.
Nese momento, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba do sinistro ao 112 Galicia. Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Viveiro e ao Servizo Municipal de Protección Civil.
A pesar dos esforzos, os efectivos sanitarios desprazados nada puideron facer por salvarlle a vida ao condutor da moto.