Dende a área de Xuventude do Concello de Lugo dase aviso de que se amplía o prazo, ata o mércores, 4 de marzo, para inscribirse no curso de Monitor de Tempo Libre enmarcado nas actividades organizadas para este primeiro semestre do ano.
Igualmente, a etapa 4 do Camiño Primitivo a Santiago, programada anteriormente sen data para o mes de abril, terá lugar o sábado día 18. Do mesmo xeito segue aberta a inscrición, con prazas dispoñibles, para as actividades de Cociña Universitaria, Cultivo de Primavera e o certame de Dj´s.