A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos encheuse esta tarde para a presentación do volume Carlos Valcárcel. Fotografía etnográfica 1960-1980, publicado pola editorial Canela coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo.
O libro, con de Ramón Montesinos e Eduardo Ochoa, presente tamén na presentación, recolle 198 imaxes, “seleccionadas entre máis de 8.000 negativos”, como sinalou no editor Pablo Quintana. “Á hora de imprimilas”, engadiu, “buscamos a mellor calidade e aproximarnos o máis posible a estética e estilo de Carlos Valcárcel cando revelaba os negativos no cuarto de baño e positivaba en papel antes da chegada das tecnoloxías dixitais”.
A obra forma parte da colección Imaxes dun país da que xa se publicaron Aldeas sen voz de Vicente Ansola e A idade de ferro de José M. Salgado.