A Central Sindical Nacionalista afirma que a empresa Urbaser, por mandato do Concello de Lugo, arrincou as pancartas que colocara dita central sindical na Ronda da Muralla, Sagrado Corazón, Paradai e Infanta Elena. Para a CIG “resulta absolutamente sorpresiva esta aptitude, cando dende o ano 2009 levamos poñendo estas pancartas nos mesmos puntos sen recibir nunca ningún apercibimento por parte do Concello”.
Dende o sindicato destacan “ que a manifestación do 1º de maio está comunicada á Subdelegación do Goberno de Lugo”. A Central engade que “ dende os servizos xurídicos da CIG xa se están a estudar accións legais”.