A Xunta explica aos responsables de vivendas de uso turístico as novidades normativas para a xestión de aloxamentos

A Consellería de Cultura e Turismo celebrou hoxe unha xornada informativa para responsables de vivendas de uso turístico, na que se abordaron as principais novidades normativas e as ferramentas tecnolóxicas que están a súa disposición para a xestión dos aloxamentos.

Técnicos de turismo da Consellería explicaron estes e outros aspectos esta tarde na sede da Delegación Territorial da Xunta en Lugo. O xoves día 5 ás 17:00 horas, informarán na comarca da Mariña, en concreto no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias de Ribadeo, a partir das cinco da tarde.

A Consellería remitiu previamente a información necesaria por vía electrónica a todos os propietarios. As xornadas pretenden, polo tanto, reforzar a comunicación e asesorar con casos prácticos e, moi especialmente, resolver as dúbidas que poidan ter sobre medidas que lles afectan directamente.

Entre estas, cómpre citar a obrigatoriedade de incorporar o seu número de inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) nas plataformas nas que se oferten, e o uso da ferramenta tecnolóxica posta en marcha pola Xunta para que poidan remitir trimestralmente os seus datos de ocupación, como así se establece desde comezos deste ano

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com