III Xornadas de Lugo Sen Mordazas

Lugo Sen Mordazas ven de presentar os actos que levará a cabo durante este mes de marzo baixo o lema: “Preservar a comunidade: dereitos, alternativas de convivencia e saúde”.

Estas xornadas celebraranse os martes deste mes de marzo: 10, 17, 21, 24 e 31 no Salón de actos do IES Lucus Augusti (todos os martes) e CS Vagalume (o sábado 21)

Nesta terceira edición, Lugo Sen Mordazas contará nesta  con cinco charlas e palestras que  terán como nexo as diferentes visións sobre os dereitos, alternativas de convivencia e saúde das persoas na comunidade.

As conferencias dos martes desenvolveranse no salón de actos do I.E.S. Lucus Augusti e a xornada do sábado, con festa incluída, celebrarase no C.S.A. Vagalume (rúas das Nóreas, 5), con entrada de balde ata completar aforo e achega económica á vontade para colaborar no financiamento das xornadas.

Día 10. As 20 h: “RENDA BÁSICA DAS IGUAIS E FEMINISMOS”, con Mari Fidalgo.

Día17. Ás 20 h: “A SAÚDE MENTAL NA ENCRUCILLADA: os dereitos humanos como solución colectiva”, con Rosa Cerqueiro.

Día 21. Ás 19h: (C.S.A. Vagalume) Palestra: “LOITA E RESISTENCIA DENDE OS NOSOS BARRIOS” “ERREKALEOR” e “GAMONAL”, a experiencia da loita veciñal de dous barrios.

Día 24 Ás 20 h: (IES Lucus Augusti) “SOCIEDADE DE CONTROL: política e crime no presente”, con Borxa Colmenero

Día 31. Ás 20 h: (IES Lucus Augusti) “RAYOS”: máis alá da novela, un repaso pola Barcelona postolímpica e a xentrificación progresiva”, con Miqui Otero.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Lucia Barcelos
    Mar 04, 2020 - 10:58 PM

    Moitas mordazas ten alguns..’.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com