O PP denuncia “que semella que a xestión cultural en Lugo estase a converter nun chiringuito que o BNG utiliza para enchufar e financiar a afíns ao partido. Este chiringuito cultural vén avalado por un dato moi revelador en tan só cinco meses deste mandato do bipartito, disparáronse os pagos a unha Sociedade Cooperativa Galega cuxa responsable é a que foi a número 2 do BNG de Cerceda”.
O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explicou que “dende xaneiro de 2019 a setembro de 2019 esta compañía recibiu por diferentes traballos en Lugo 7.900 €, e que sorpresivamente tralo pacto do bipartito de Lugo esa mesma entidade, en tan só cinco meses, quintuplicou os seus beneficios pasando a ingresar 36.273 €”.
Segundo os populares, “as facturas de Urdime S. Cooperativa Galega emitíronse entre os meses de setembro de 2019 e xaneiro de 2020 e corresponden a un pase dun espectáculo de contacontos na biblioteca municipal (setembro 1.240€); a catro representacións teatrais (outubro e novembro 6.223 €); e para actividades de Nadal como foron a coordinación e dirección artística da Cabalgata e o programa de Brinquedos de Nadal (28.810 €)”.
Os populares afirman que estas facturas “parecen indicar que os nacionalistas tentan montar un chiringuito privado con cartos públicos para beneficiar a empresas, sociedades ou asociacións con carné nacionalista”.Para os populares é “inadmisible a forma de traballar dos nacionalistas” e solicitarán o acceso a estes expedientes e a outros similares avanzando que “é necesario clarificar a que se dedicaron os case 300.000 € que o BNG gastou de máis no San Froilán por se acabaron beneficiando a empresas do entorno dos nacionalistas”
Mar 05, 2020 - 10:02 PM
carallo amigos pepeteiros , a o final todos aprenden de vós
Mar 05, 2020 - 08:40 PM
Es más fácil ver la paja en ojo ajeno…que la viga en el propio…
Mar 05, 2020 - 08:25 PM
???????