A área de xogos infantil do Parque Rosalía de Castro quedou aberta ao público hoxe, venres, ás 16:30 horas, logo de dispoñer xa de tódalas certificacións e homologacións necesarias, motivo polo que estivo pechado ata este momento.
A cidadanía, especialmente as crianzas e as súas familias, poderán desfrutar xa das instalacións e dos novos bambáns e elementos de xogo que foron renovados e nas que se investiron máis de de 20.000 euros que incluen un xogo multiple de tres torres, ponte e tobogán; outro composto por unha torre e un tobogán; un pórtico de columpio doble e un asento cuna. Unha acción que se suma ás xa levadas a cabo noutros puntos da cidade como foi a remodelación das instalacións de Aquilino Iglesia Alvariño, as ampliacións dos parques de Campo Castelo e Albeiros e mesmo a creación dunha nova zona de esparexemento na Praza de Bretaña.