Agromuralla convoca unha manifestación para o vindeiro martes en defensa dos prezos xustos

Agromuralla, asociación de gandeiros xurdida das tratoradas de 2015, convoca para o vindeiro martes, 17 de marzo, unha manifestación que discorrerá polas rúas de Lugo en defensa do rural e de prezos xustos para os produtores como a mellor garantía contra o despoboamento e de alimentos de calidade para os consumidores.

A asociación de gandeiros e gandeiras xurdida das históricas tractoradas que rodearon durante semanas a Muralla de Lugo fai 4 anos e da que forman parte cerca de 400 gandeiros das provincias de Lugo e da Coruña, quere sumarse con esta mobilización aos actos reivindicativos que están a levar a cabo desde fai máis dun mes agricultores e gandeiros en distintos puntos de España.

O presidente de Agromuralla, Roberto López, dará conta maña nunha rolda de prensa en Lugo e acompañado de outros gandeiros membros da xunta directiva, de cales son os motivos que levan a Agromuralla a convocar esta mobilización. Ademais, explicará cal é a situación concreta do sector neste momento e detallará o percorrido e demais pormenores da marcha que discorrerá o vindeiro martes, 17 de marzo, polas rúas de Lugo.

A convocatoria da manifestación ten carácter aberto e Agromuralla convida a participar tanto a produtores e persoas que residen no rural como ás que viven na cidade, así como a todos aqueles – profesionales ou non- que directa ou indirectamente viven do rural, porque “se o rural esmorece a cidade morre”, afirma o lema da marcha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com