O Concello do Incio informa a través dun bando que a empresa Supervisión y Control S.A. ten previsto o desprazamento da súa unidade móbil ao municipio entre o 30 de marzo e o 2 de abril co obxecto de realizar inspeccións técnicas periódicas a vehículos agrícolas.
En Noceda as inspección técnica terá lugar na pista polideportiva o 30 de marzo. De 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Do 31 de marzo ao 1 de abril, no aparcamento do campo de fútbol de Cruz do Incio estarán de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. No campo da festa de Val do Mao estarán o 2 de abril. De 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas.
As persoas interesadas poden solicitar cita previa chamando ao 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com