A Concellería de Infraestruturas vén de informar de que está a realizar o acondicionamento da Couselo, no barrio de Albeiros. A solución adoptada pola concellería consiste na renovación completa das beirarrúas, xunto coa aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente. Unha vez rematada esta actuación, procederase a adaptar a altura das tapas de rexistro e a pintarse a sinalización horizontal. Ademais, segundo indicou Alexandre Penas, cambiarase a drenaxe da rúa para evitar problemas de filtracións que afectaban ás veciñas da contorna.
Dende a concellería de Infraestruturas Urbanas investíronse 47.071€ na renovación desta rúa. Segundo indicou o concelleiro titular de Infraestruturas Urbanas, “trátase dunha actuación moi necesaria debido ao estado desta vía, que se foi deteriorando nos últimos anos”. O edil afirmou que “dende a Concellería de Infraestruturas Urbanas temos presentes as actuacións que son necesarias nos distintos barrios da cidade, xa que algúns que levan moitos anos sen recibir ningunha intervención”.