O profesor universitario e escritor Victorino Pérez Prieto impartirá un relatorio sobre a Importancia e actualidade do Grupo Nós na cultura galega: Otero Pedrayo, Risco e Castelao este martes ás 20:00 horas no refectorio do Museo Provincial de Lugo.
A palestra, complementaria á mostra Ser diferente é ser existente. Nós de onte a hoxe. 100 anos de historia que pode visitarse no museo ata o 1 de abril, afondará na biografía e obra dos persoeiros máis detacados desta xeración de pensadores e dos seus predecesores.
O conferenciante adicou parte do seu traballo intelectual ao estudo da Xeración Nós na Xeración Nós, tema sobre o que escribiu diferentes ensaios propios e artigos para obras colectivas. A súa labor divulgativa arredor da Xeración Nós e da cultura galega extendeuse tamén ás súas colaboracións en xornais.