A concellería de Infraestruturas Urbanas vén de informar de que, durante a vindeira semana, comezarán a realizarse os traballos de adecentamento da rúa Río Sar, onde se realizará un asfaltado da rúa con mestura en quente. Dende Infraestruturas Urbanas pídese á veciñanza da zona que circule con precaución durante o desenvolvemento dos traballos.
O Tenente de Alcalde responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, xunto coa concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza visitaron o barrio da Cheda para informar á veciñanza dos traballos que se teñen previsto realizar.