Os populares pedirán explicacións en Comisión sobre as medidas de seguridade que desenvolve o Concello para garantir o peche perimetral e impedir o acceso aos lucenses ás torres do Garañón. O Grupo Popular asegura que o caso que se detectou esta semana “onde se grabaron a cidadáns lanzando pedras dende o alto dunha desas torres non é algo illado xa que con frecuencia se detecta a presenza de mocidade” polo que reclama que o goberno local tome cartas no asunto.
O voceiro do PP Ramón Carballo pregúntase “de ocorrer un accidente, que responsabilidade tería o Concello? xa que aínda que a obra está precintada polo xulgado suponse que a autoridade local debe velar para que non se acceda a unha propiedade privada”.
Os populares insisten en que tal e como está o edificio, inacabado, supón un grave perigo para os entran nel xa que “no interior hai ocos de escaleiras e zonas sen pechar que supoñen un gran risco, co agravante que o edificio se atopa no entorno de varios centros educativos onde estudan menores”.
O Grupo Popular, en reiteradas ocasións, advertiu que era preciso adoptar medidas para previr que pode ocorrer algún problema grave de seguridade en O Garañón, tendo en conta de que con frecuencia acceden persoas a esta construción inacabada.