A plataforma contra as listas de espera continúa axudando aos pacientes coas reclamacións

A plataforma contra as listas de espera do SERGAS volveuse colocar durante esta mañá na entrada do HULA co posto de reclamacións. Dende a plataforma destacan a gran aceptación que está a ter a iniciativa, con múltiples persoas solicitando información cada semana.

As integrantes da plataforma traballan para combater a falta de información que ofrece o SERGAS, axudando ás usuarias e usuarios da sanidade pública a reclamar e realizar suxestións. Unha das maiores preocupacións é a espera á hora de conseguir cita para as consultas externas e probas, segundo indican as integrantes da plataforma.

A plataforma está formada por integrantes da CIG Saúde e da asociación cidadá contra a letra pequena ‘Con Lupa’ xunto con outros colectivos e persoas a título individual. Dende a plataforma púxose á disposición das persoas interesadas en obter máis información o enderezo electrónico plataformalistaslugo@gmail.com.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com