O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, salientou que “Galicia é hoxe máis verde que hai 11 anos”, xa que é “referente” en Europa en sustentabilidade económica e ambiental, e “é a única comunidade autónoma que conta cunha estratexia” de cambio climático e enerxía 2050 e unha estratexia de economía circular 2020-2030.
Nun acto celebrado esta tarde en Sober, Feijóo asegurou que a Galicia verde é o compromiso do Goberno galego con todo o sector rural, un dos vectores -xunto coa Galicia moza, innovadora e familiar- do proxecto para a próxima década.
Así, sostivo que “o rural en Galicia ten futuro”, por ser máis competitivo que nunca. O presidente do PPdeG referiuse en concreto a varios sectores relacionados co rural galego, como o vitivinícola, no que os viños galegos con denominación de orixe ocupan o terceiro posto nacional polo seu valor no mercado; o sector lácteo, no que Galicia é líder nacional en produción de leite; a agricultura ecolóxica, no que Galicia vende un 33% máis de produtos e é a primeira comunidade de España en explotacións produtoras de leite ecolóxico; e a pesca e o mar, no que nos últimos dez anos se aumentou un 75 por cento as cotas pesqueiras e Galicia é a décima exportadora mundial de produtos pesqueiros.
Pero, se de algo hai que amosar orgullo é de que hoxe no rural galego tamén está a Galicia moza, xa que nos últimos dez anos 3.500 mozos se incorporaron ás actividades agrarias e unha de cada dez explotacións está dirixida por menores de 30 anos.
Ademais, Feijóo salientou que a política de menos impostos no rural chega a máis de 70.000 familias galegas; e que tanto os mozos, as familias numerosas como as persoas con discapacidade non pagan impostos pola compra dunha vivenda nin por vender, mercar ou permutar parcelas no noso rural. Ademais de pagar menos impostos, hai máis servizos. Así, destacou que por primeira vez as familias que viven no rural contan con casas niño e casas do maior; e que se está a traballar para unha mellora cobertura 4G e de Internet.
Así mesmo, afirmou que “protexemos Galicia coidando dos nosos montes, porque poñelos en valor é un dos mellores xeitos de previr e reducir os incendios”. Deste xeito, sinalou que se erradicaron máis de 3.000 puntos de vertido incontrolado nos últimos 20 anos, hai un sistema público de limpeza das faixas máis próximas ás vivendas máis eficiente, e puxéronse en marcha 11 aldeas modelo, un proxecto pioneiro ao que 60 concellos solicitaron unirse.
Mar 12, 2020 - 01:48 PM
Sí sí, verde Eucalipto.
Mar 12, 2020 - 01:33 PM
Galicia será verde, pero tú, estas maduro de todo, así que estás perdido.