Foz apraza a data da Comida de Maiores e suspende os bailes do Bahía

O Concello de Foz vén de informar das medidas que tomará a corporación para previr o contaxio do Coronavirus no municipio. Así, nunha reunión da Xunta de Portavoces de onte, decidiron aprazar a data da Comida de Maiores programada para o 21 de marzo e suspender temporalmente os habituais bailes do Bahía dos domingos.

Así e todo, a corporación municipal quere transmitir unha mensaxe de “tranquilidade” á veciñanza do concello e de “confianza” nos servizos de saúde. PP, PSOE, BNG e FPF, decidiron tamén continuar coa política de comunicación oficial a través das redes sociais do concello: facebook, instagram e twitter; ademais de actuar conforme ás medidas preventivas que vaian establecendo a Consellería e o Ministerio de Sanidade.

Dende o concello de Foz lembran que, en caso de amosar a sintomatoloxía indicada (quentura, tos, debilidade, dificultade para respirar…) se poñan en contacto co teléfono 900 400 116 antes de acudir a un centro de saúde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com