Detido en Navarra un mozo por intento de homicidio o pasado sábado en Lugo

A Policía Nacional detivo onte en Navarra a un mozo de 22 anos como presunto autor dun intento de homicidio a un amigo a noite do pasado sábado en Lugo. O detido foi localizado cando trataba de roubar un vehículo para fuxir a Francia logo de asestar varios navallazos ao seu amigo.

Segundo comunican as autoridades policiais, trátase dun veciño de Rábade sen antecedentes e está acusado de homicidio en grao de tentativa. Os feitos tiveron lugar en torno á medianoite do sábado, hora á que a comisaría recibe a chamada de alerta por parte dun home que comunicaba que ao seu amigo lle propinaran varias acoiteladas.

Dende a sala do 091 envíase ás dotacións policiais ao Polígono das Gándaras, concretamente na rúa Leopoldo Hernández Reboredo. Efectivos do 061 atendían, á chegada dos axentes da Policía Nacional, as feridas de arma branca do agredido.

O acompañante do ferido explicou no lugar dos feitos que unha terceira persoa pedíralle cartos ao agredido tras ganarlle na ruleta. O agresor sacou o coitelo e asestoulle ata tres golpes en perna, abdome e costas.

Tras as pesquisas necesarias para identificar ao autor dos feitos, a Comisaría Provincial avisou a todos os servizos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para localizalo e detelo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com