A Delegación do Goberno en Galicia vén de informar da modificación horaria das Oficinas de Información e Atención ao Cidadán así como Rexistros da Administración Xeral do Estado en Galicia, ubicadas nas catro subdelegacións provinciais.
Dende o luns 16 de marzo e, a lo menos durante dúas semanas, o horario de apertura será de 9.00 a 14.00 horas. Dende a Delegación lembran tamén aos cidadáns que dispoñen de canais telefónicos e telemáticos tanto para a consulta como para presentación de documentación oficial e se pide que restrinxan no posible o uso presencial destes servizos.