A estas horas hai un novo caso de infección en Lugo e provincia, neste momento son oito as persoas contaxiadas co virus. Dentro da grave situación que estamos a sufrir, hai que manter a esperanza porque nas últimas horas só se soubo deste novo caso contaxio do Vid-19. No HULA segue internada a persoa infectada hai uns días, aínda que a súa situación e estable. As outras persoas permanecen illadas nos seus domicilios, onde están sendo atendidas.
O Hospital Universitario Lucus Augusti, segundo puido saber este xornal, está incrementando os seus recursos e nas últimas horas recibiu seis respiradores máis co cal o hospital conta nestes momentos con 26 camas cos devanditos respiradores fundamentais para os casos graves desta infección. Polo que, se a pandemia se mantén como ata de agora e os casos medran pouco a pouco o sistema hospitalario pode atender de xeito adecuado aos doentes que teñan que ser internados. Pero se isto non fose así e o incremento fora máis rápido, o hospital utilizaría as prazas de reanimación e mesmo de espertar ou abriría outras instalacións que ata de agora permanecen pechadas dende a apertura do centro, para dar acollida ao máximo de doentes que precisen hospitalización.