A concellaría de Medio Ambiente que dirixe Álvaro Santos, activa un dispositivo especial de recollida de lixo a domicilio para os veciños e veciñas afectados polo Covid19.
O servizo de recollida de lixo a domicilio para os veciños ou veciñas diagnosticadas polo Coronavirus, ten como obxetivo a de frear a expansión da pandemia e evitar o contaxio ao vecindario e aos traballadores dos servizos de recolleita e tratamento dos residuos municipais. “Todo aquel veciño ou veciña diagnosticado por Covid19 pode solicitar o servizo a través do 092” declarou, Álvaro Santos.
O 092 é o Teléfono da Policia Local. A persoa que demandante de dito servizo deberá facilitar unha serie de datos e na maior brevidade recibira indicacións para programar a recollida a domicilio do lixo con total seguridade para o vecindario e os traballadores dos servizos de recolleita de lixo municipais.
Mar 18, 2020 - 03:20 PM
Xa Alvarito!!! para facerte notar e facer ves que fas. Que non fas nada, so trepar