O Partido Popular quere trasladar ao goberno local o seu rotundo apoio a calquera medida que dende o concello de Lugo se dispoña para axudar aos sectores máis afectados por esta crise sanitaria. O voceiro popular Ramón Carballo explicou que “tanto o grupo popular como o partido a nivel local ponse a disposición da alcaldesa para todo o que sexa necesario” manifestando que “contará co noso apoio en todas aquelas medidas que suavicen o impacto económico e social que supón esta situación”. O popular reflexionaba ”non é momento e facer política, é momento de mirar polo benestar dos cidadáns” e lle di ao goberno local que “non dubide en contar con nós”.
Carballo explicou que o grupo municipal do Partido Popular iniciou o proceso de teletraballo entre os concelleiros e o persoal adscrito “reducindo ao mínimo exposición dos empregados e concelleiros” seguindo as recomendacións do Ministerio de Sanidade e a Xunta de Galicia.
O voceiro popular asegurou que “estamos vivindo un momento excepcional” e tivo unha especial lembranza, recoñecemento e apoio aos traballadores que dende diferentes ámbitos do municipio traballan para garantir a saúde, a nosa seguridade e ao que contribúen para que a corentena dos lucenses sexa máis levadeira”.
Mar 18, 2020 - 11:39 AM
La sanidad está en estado crítico gracias a las politicas del PP. Muchos años de recortes a la sanidad publica para entrgar a sus amigos, vease Madrid, Galicia, …. la trocearon en pedazos, recortaron en personal y en medios materiales, ahora se ve como tienen que venir mascarillas de China, una verguenza. Esto pasará y les pediremos explicaciones.
Mar 18, 2020 - 11:31 AM
Si si, ahora mucha colaboración y acordarse de los trabajadores, mejor estaría callado. El PP no movió un dedo por los trabajadores, mas bien todo lo contrario.
Mar 17, 2020 - 11:25 PM
mellor calar, qué se nón…