Lugo e provincia ten declarados oficialmente, a día de hoxe, trinta e un casos de Coronavirus logo dos cinco que comunicou hoxe a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
A cifra de novos afectados baixou hoxe con respecto á dos días pasados, ademais hai que salientar que en Lugo non se produciu ningún falecemento por mor deste andazo.
Do total de pacientes positivos, 11 permanecen en UCI, 63 están en unidades de hospitalización e 259 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 4 altas de pacientes e 4 falecementos. O último falecemento é dun varón de 72 anos, que estaba ingresado na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e que padecía varias patoloxías previas.