No día de onte, mércores, 18 de marzo, por parte de efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio de Lugo establecéronse diferentes dispositivos fixos e móbiles nas vías públicas da cidade para a comprobación e no seu caso impedir que se leven a cabo actividades suspendidas e velar polo cumprimento das limitacións sobre circulación de persoas e vehículos, impostas polo Real Decreto polo que se declara o Estado de Alarma en todo o país, para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. No transcurso destes dispositivos levantáronse dez actas de infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, que poden levar aparellada unha sanción, para cada un dos denunciados, de entre 601 a 30.000 euros.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Mar 19, 2020 - 09:21 PM
Se todo se arranxara cas sancións, que fácil sería, non? Tamén pode haber afán de protagonismo, ou deformación profesional.
Mar 19, 2020 - 07:48 PM
Pues me alegro de que los sancionen. Así a ver si empezamos a tomarnos esto en serio.