A Deputación lanza iniciativas nas redes sociais para fomentar o entretenemento

A Deputación está a lanzar iniciativas nas redes sociais para fomentar o entretemento da veciñanza durante o confinamento nos domicilios derivado do estado de alarma decretado para conter a propagación do coronavirus. Unhas accións con carácter divulgativo que ensinan lugares da provincia achegando datos curiosos e apelando á participación mediante adiviñas ou preguntas abertas.

O Servizo de Audiovisuais da Deputación comparte nas súas redes sociais vídeos do programa denominado Descubrindo Lugo co obxectivo de dar a coñecer, a través de vídeos curtos, o patrimonio paisaxístico e cultural da provincia.

Ademais, o Servizo de Audiovisuais conta cunha canle en YouTube (https://www.youtube.com/user/FUNDACIONTIC) na que se poden atopar noticias da actividade da Deputación, reportaxes sobre eventos, citas gastronómicas, historias interesantes e actos que se desenvolven ao longo do ano na provincia.

Asemade, nas redes sociais da institución provincial foméntase o confinamento nos fogares co hashtag #QuedaNaCasa. Ten como obxectivo concienciar á poboación da necesidade de facer caso ás recomendacións das autoridades e advertila de que só debe saír á rúa cando sexa imprescindible para evitar a propagación do coronavirus Covid-19.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Mar 21, 2020 - 03:39 PM

    Mellor que o Psoe se deixe de parvadas, os de esquerdas moito levamos calado con eles, moito.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com