O Concello amplía os prazos tributarios dalgúns impostos para paliar os efectos económicos do confinamento polo COVID -19

O Concello amplía os prazos tributarios para paliar os efectos económicos que o confinamento polo COVID-19 está a ocasionar tanto nas economías domésticas como na actividade do tecido empresarial local.

De acordo co disposto no artigo 33 do Real Decreto-Lei 8/2020, de 17 de marzo, calquera obriga de pago como son as liquidacións, providencias de constrinximento, multas, derivacións de responsabilidade, etc… poderán pagarse até o 30 de abril se foron notificadas antes do 18 de marzo e, se son notificadas con posterioridade a esta data, poderán abonarse até o 20 de maio, incrementándose así o período de pagamento das mesmas entre 10 e 40 días.

E o mesmo acontece cos requirimentos, solicitudes de información, períodos de alegacións ou dilixencias de embargo. De maneira que aqueles que se notificaron antes do pasado mércores, poderán ser atendidos até o 30 de abril e os que se notifiquen a partir de agora poderán atenderse até o 20 de maio de 2020 ou posterior, en función da data da notificación. Non obstante, se se atendera antes de dita data, terase por realizado o trámite e continuarase co procedemento.

Dende a Tesourería Municipal infórmase igualmente de que os vencementos dos fraccionamentos concedidos antes do 18 de marzo de 2020 manteranse nas datas previstas (20 de marzo, 05 de abril, 20 de abril) e, en caso de non poder atendelos, será posible devolver o cargo en conta ou contactar con este departamento a través do 010, tendo a opción de pagalos en período voluntario e sen penalización até o 30 de abril de 2020.

Igualmente, as cartas de pago con nova data de vencemento pódense solicitar tanto á Tesourería como á Oficina de Recadación Executiva e Multas chamando a este mesmo número de atención cidadá (010).

Quedan excluídos desta normativa os recibos de cobro periódico e notificación colectiva, como son IBI, IVTM (Rodaxe), Auga, IAE e os Vaos para o paso de vehículos, que non sufren modificacións ao respecto, sendo os primeiros que se porán ao cobro o IBI e a taxa da Auga do 1º trimestre de 2020 o vindeiro 20 de abril.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com