Detectados catro novos casos de Covid-19 en Lugo

Catro novos casos de Coranavirus, veñen  sumarse aos 54 de onte, o que dá como resultado un total de 58 persoas infectadas na  provincia de Lugo.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus ascende a 885 en Galicia. A área de Lug, como diciamos, conta co 58 infectados. No resto do país corresponden: 226 á área da Coruña, 95 á de Ourense, 136 de Pontevedra, 212 na área de Vigo, 130 na de Santiago, e 28 na de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 33 permanecen en UCI, 227 están en unidades de hospitalización e 625 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 16 altas de pacientes e 14 falecementos. Os dous últimos falecidos foron un varón de 81 anos que estaba ingresado no CHUAC e unha muller de 77 anos ingresada no Hospital Juan Cardona de Ferrol. Os dous tiñan patoloxías previas.

O número de probas realizadas é de 5.052.

Información:uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com