Catro novos casos de Covid-19 na Área de Lugo

Ao igual que o sábado, os novos casos detectados polo Coronavirus en Lugo e provincia nas últimas 24 horas foron catro. Na actualidade o total de persoas afectadas por este virus ascende a sesenta e dúas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.170, deles 298 son da área da Coruña, 142 na de Ourense, 164  en Pontevedra, 278 na área de Vigo, 189 da de Santiago, e, por último, 37 na de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 46 permanecen en UCI, 270 están en unidades de hospitalización e 854 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 19 altas de pacientes e 19 falecementos. O último falecido foi un varón de 81 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti, e que tiña patoloxías previas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com